|
Carlos Blanco Xa ben entrados no mes de decembro o xenial Carlos Blanco estará no Liceum facéndonos pasar un bo rato. Este contrastado actor, escritor e brillante monologuista, conta cunha dilatada traxectoria no Teatro, Cine, Televisión e Radio. Finalista de “El Club de la Comedia” 2003, ten actuado como monologuista por toda a xeografía galega. Nos anos 2007 e 2008 ten traballado como colaborador da Cadena Ser no programa La ventana del Verano. Actor e director cunha ampla traxectoria teatral (The days before xunto a Isabella Rossellini, Os Xustos coa Cía. Teatro do Noroeste, e un longo etc.), é un dos actores galegos máis coñecidos, sobre todo polo súa participación en Mareas Vivas; aínda que tamén ten protagonizado series como Terra de Miranda (TVG), ou papeis episódicos en series como Hospital Central (Tele 5), Pratos Combinados (TVG), etc. Con Antón Reixa (O lápis do carpinteiro) e Patricia Ferreira (O alquimista impaciente)estreouse nas longametraxes. Tamén fixo aparición en Sei quen es (1999), Ilegal(2002), Hipotálamo (2002), e mais recentemente en Cargo (coproducción internacional), Volver (dirixido por Pedro Almodóvar) e Hotel Tivoli (dirixido por Antón Reixa). En 2006 presentou o programa da TVG Somos unha potenzia do que tamén era director . naceu alá polo ano 2001 cando 12 músicos se xuntaron, causando unha fonda impresión coa súa mezcla espectacular de vento e percusión. Actuacións no Tubulart e Liceum no Porriño, na sala D´Anton en A Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, e grandes festivais, como Reperkusión 2006, festival Rebumbio, festival a´sacho, Gandarós 2007, Terra Brava do Incio 2007, Festixeve 2007 ou Festival intercultural de Calaf (Cataluña) 2007, foron consolidando a súa traxectoria musical.. Unha música que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A sua musica vai dende o mais suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, ata a alegria e desenfreno dos ritmos ska e da música balkanika, ademáis da muiñeira-ska. Un extraño pero singular híbrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ska. Os seus compoñentes son: Grazon (trompa), Moiko (trompeta), Jumel (trompeta), Mingus (fliscorno), Toñyto (trombón), Gustaba (tuba), Porto (saxo barítono), Luleilo (saxo alto), Txema (percusión), Ritxi (batería), Ciskito (bombardino) e Castro (clarinete). |