|
The turre´s band The Turre´s Band naceu alá polo ano 2001 cando 12 músicos se xuntaron, causando unha fonda impresión coa súa mezcla espectacular de vento e percusión. Actuacións no Tubulart e Liceum no Porriño, na sala D´Anton en A Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, e grandes festivais, como Reperkusión 2006, festival Rebumbio, festival a´sacho, Gandarós 2007, Terra Brava do Incio 2007, Festixeve 2007 ou Festival intercultural de Calaf (Cataluña) 2007, foron consolidando a súa traxectoria musical.. Unha música que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A sua musica vai dende o mais suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, ata a alegria e desenfreno dos ritmos ska e da música balkanika, ademáis da muiñeira-ska. Un extraño pero singular híbrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ska. Os seus compoñentes son: Grazon (trompa), Moiko (trompeta), Jumel (trompeta), Mingus (fliscorno), Toñyto (trombón), Gustaba (tuba), Porto (saxo barítono), Luleilo (saxo alto), Txema (percusión), Ritxi (batería), Ciskito (bombardino) e Castro (clarinete). |