Mago Cali

Déixate sorprender polos efectos máxicos máis coloridos e sorprendentes. Unha mostra de efectos relacionados co pub ou café teatro. Maxia dos líquidos , Cocktails máxicos . Darase cabida tamén o Mentalismo , Malabares con froitas, e os números cun certo grao de loucura do personaxe máxico : Calímago.

Logo duns inicios no mundo do teatro afeccionado o Mago Cali converteuse nun dos máis veteranos no panorama da maxia galega. Así o confirman 15 anos de experiencia como mago e os seus máis de dúasmil actuacións. Estivo varios anos traballando como mago de close-up (maxia de cerca).

Participou en varios festivais de maxia (Lugo máxico 2004, 2005, 2006, Festival Villa de Ingenio 2006, 2007, Festival Maxia na rúa Coruña 2007, 2008), no programa Dez magos no país das maravillas da tvg, asesor máxico na serie As leis de Celavella tamén da tvg, e outras actuacións para televisión locais (Localia, Televigo, …)

Ten presentado espectáculos de maxia para empresas en varios eventos corporativos (BMW, Habana Club, Carlsberg, JB, Editorial Xerais,…) Actualmente desenvolve un proxecto de animación a lectura en colexios da Galiza.