Gustavo Almeida

¡Cabaña! É o segundo traballo discográfico de Gustavo Almeida, un compositor mundano-brasileiro que, a cada composición sorprende e amosa un xeito pouco frecuente de ver, sentir e facer música.

Gustavo Almeida, sempre fuxiu de etiquetas musicais, na procura da súa propia autenticidade. Así o demostra neste segundo traballo, enchoupado de xenerosidade, bo rollo e sarcasmo. Funk, reggae e rock con influencias das harmonías do Brasil. Acompañouse para esta gravación de xente con experiencia contrastada como poden ser Gê Brandão ou Marcelo Martins (Djavan, Gilberto Gil, Caetano Veloso,…)

Despois do seu primeiro traballo ( Por si me escuchan ) e de numerosos concertos por toda Europa, Gustavo Almeida volta ao Liceum nun concerto que promete non defraudar.

Neste segundo disco gravado no seu Brasil natal, Gustavo Almeida contou coa colaboración de músicos da talla de Marcelo Martins (sax), Paulo Calasans (teclados) ou os fillos do mesmísimo maestro Djavan, Max Viana (guitarra) & Joao Viana (batería) entre outros, ademáis dun dueto co cantante Jorge Vercilo, a nova perla da música brasileira con máis de 5 millóns de discos vendidos no Brasil.

www. gustavoalmeida.com